Socialistas de Arteixo

View Original

O PSOE reabrirá a radio municipal cunha programación plural e participativa para todos os veciños e os grupos políticos

Martín Seco presentará un rogo no pleno para que se tomen
medidas desde xa coa frecuencia de Radio Líder



Radio Arteixo volverá abrirse co PSOE . Ese é o compromiso dos socialistas para que, no caso de chegar ao goberno local, os cidadáns teñan unha emisora propia , que funcione con normalidade e que chegue a todos os puntos do termo municipal.
Así o fan saber os veciños ao equipo liderado polo candidato Martín Seco , que nas últimas semanas recibiu varios escritos solicitando que, no caso de que accedan ao executivo local, devolvan ao pobo este servizo de información e debate .
O PSOE asegura que tomará as medidas necesarias para salvagardar o espazo de Radio Arteixo , que está a ser ocupado por outras emisoras como Radio Líder , frecuencia moi próxima á que empregaba a radio local e que agora utiliza o alcalde e candidato do PP, Carlos Calvelo, para participar nos seus faladoiros .
Neste sentido, Martín Seco presentará un rogo no próximo pleno pedindo que se adopten medidas urxentes nese tema, no que se preguntará sobre a legalidade do cambio do dial de Radio Líder.
O compromiso dos socialistas é por tanto cos veciños e, deste xeito, coa reapertura de Radio Arteixo, o que ademais significaría unha mellor programación da que tiña antes do peche. Así, garantirase unha participación plural dos veciños e as intervencións dos distintos grupos políticos sen distinción, convertendo a emisora nun espazo de todos e para todos.
Así mesmo, o PSOE traballará na solución dos problemas de amplificación da radio local para que todas as parroquias de Arteixo teñan acceso á mesma e non haxa diferenzas entre unhas zonas e outras do concello .