O PSOE opta por rescatar o servizo de axuda a domicilio para que o xestione directamente o Concello
Martín Seco considera que en asuntos como este o goberno local
debe facer un esforzo e aumentar o gasto
debe facer un esforzo e aumentar o gasto
Unha vez coñecidas as condicións do novo prego para a contratación do servizo de axuda a domicilio despois de que a concesionaria actual renunciase á prórroga, o grupo socialista celebra que o gobierno local atendera a súa proposta de non situar en ningún caso o prezo da hora por baixo dos 17 euros.
Esta postura do PSOE debíase
á importancia de salvagardar os dereitos tanto dos usuarios como dos traballadores do centro de maiores
. Por iso, aplauden que co novo prezo déaselles a razón despois de catro anos clamando no deserto.
E non só iso, senón que durante dito periodo,
a situación foi penosa, con despidos incluidos
e sen que atenderan esa solicitud de aumentar o prezo por hora e, aínda hoxe en día, hai
queixas destes usuarios do centro
pola escasez de variedad nas merendas.
O candidato socialista á alcaldía,
Martín Seco, denunciou unha vez máis a falla de respecto
, por parte de moitas empresas do sector, cara aos dereitos deste colectivo de traballadores. Sobre todo cando se trata dun
servizo máis que necesario para atender aos maiores e dependentes
do municipio. O PSOE esíxelle ao goberno local que medie para que a nova concesionaria contrate aos traballadores que foron despedidos.
Por iso, o grupo socialista aposta por que
o goberno local do PP acometa os trámites necesarios para rescatar o servizo e convertelo deste xeito en xestión directa
. Aínda que resulte algo máis caro, o PSOE considera que así
o servizo será moito mellor
, polo que se en algo hai que aumentar o gasto municipal é precisamente en temas deste tipo.