O PSOE inicia a súa campaña de participación cidadá para escoitar as demandas dos veciños de Arteixo
O programa “Deixanos ver polos teus ollos” anima á cidadanía a achegar a súas ideas que suxerencias para diseñar o programa electoral
O grupo municipal do PSOE de Arteixo ven de iniciar a súa campaña de participación cidadá coa que quere animar aos veciños do concello a achegar a súas inquedanzas aos representantes políticos.
Neste sentido, os socialistas abren o programa “Deixanos ver polos teus ollos”, co que queren darlle voz aos cidadáns. O obxectivo desta iniciativa é poder presentar un programa axeitado ás necesidades dos veciños de cara ás próximas eleccións municipais.
O grupo socialista abre varías vías de comunicación cos cidadáns. Os veciños poden enviar as súas ideas e suxerencias ao enderezo de correo electrónico
participa@martinseco.com
ou na web www.martinseco.com.
Tamén, a través das redes sociais nos perfis de Facebook de Martín Seco García e mesmo no de Twitter, @MartinSeco.
Por úlitmo, os veciños poden dirixir as súas propostas á dirección postal do grupo, na Rúa Ferrol 13, 2º Izquierda, no núcleo de Meicende. O candidato socialista á Alcaldía atenderá as inquedanzas dos veciños de cara a perfilar o programa electoral do grupo.
Os socialistas difundirán o programa “Deixanos ver polos teus ollos” entre a cidadanía co reparto de carteis e panfletos informativos.