O PSOE comprométese a desenvolver un plan de accesibilidade para solucionar os problemas de mobilidade no concello
Martín Seco lamenta o completo abandono do barrio do Alto de Arteixo
durante os catro anos de mandato do PP
durante os catro anos de mandato do PP
O PSOE lamenta o estado no que se atopa o barrio do
Alto de Arteixo
unha vez transcorridos o catro anos de mandato do
goberno local do PP, que abandonou por completo aos seus veciños
deixando sen atender numerosas demandas.
Neste sentido, os socialistas denunciaron o feito de que non se fixeron investimentos para dotar á zona de determinados servizos e, en concreto, para mellorar a calidade de vida con actuacións como un plan de accesibilidade.
O candidato do PSOE á alcaldía,
Martín Seco, comprometeuse
durante unha reunión cos veciños a desenvolver ese plan non só nesta zona, senónen todo oo concello, co fin de
solucionar os problemas de mobilidade
que supón a existencia dunha gran cantidade de barreiras arquitectónicas.
Así mesmo, os socialistas escoitaron as peticións dos residentes no Alto de Arteixo, que reclaman a construción de novas beirarrúas na avenida de Finisterre o na nova praza das Viñas, onde non están siquera preparadas, ademais da instalación de pasos de peóns para os usuarios de transporte urbano e escolar, que actualmente se enfrontan a un grave risco cada vez que queren cruzar.
A
inacción do goberno do señor Calvelo
neste barrio demóstrase sen ir máis lonxe co último modificado de crédito, no que queda patente unha
falta de compromiso coa zona
. O peor de todo é que,
cara ás eleccións,
queren arranxar todo o que foron incapaces de facer durante o catro anos
de mandato do PP, prometendo campos multideporte e parques infantís, algo que podería estar xa listo a estas alturas.
Martín Seco tamén se comprometeu a
cambiar a estrutura do centro social
, que hoxe en día presenta
problemas para o desenvolvemento de actividades complementarias
ao tratarse dun único espazo diáfano.
O PSOE, durante a reunión, constatou igualmente a
preocupación veciñal pola falta de transparencia e de participación cidadá durante o mandato do PP
, que nin sequera promoveu a convocatoria de consellos veciñais, ou a
inquietude
dos residentes polo pouco
control ambiental da industria
e do porto exterior nas súas descargas en Langosteira.