Martín Seco reitera o seu compromiso para construír un novo campo de fútbol en Pastoriza
A infraestrutura axudaría á expansión do clube de rugby Zalaeta
e a práctica doutros deportes como o atletismo
e a práctica doutros deportes como o atletismo
O PSOE de Arteixo, seguindo a mesma liña establecida nas pasadas eleccións municipais, adquire o compromiso de
impulsar a construción
dun novo campo de fútbol en Pastoriza.
Tal e como defendía o grupo socialista fai catro anos, esa obra
non require como condición sine qua non a aprobación do Plan Xeral
. Así o dixo o PSOE e
o alcalde do PP negouno
, aínda que
agora queira facer crer o contrario
e sumarse ao carro.
Así mesmo, os socialistas somos conscientes da
necesidade de aproveitar a dita infraestrutura para a práctica doutros deportes
, con especial atención ao rugby, onde o club Zalaeta de Arteixo ve como a súa capacidade de crecemento vese minguada pola falta dun espazo adecuado para o seu desenvolvemento.