Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco reitera o seu compromiso de crear unha sede administraiva e unha comisaria en Meicende

Os socialistas prometen solucionar o caos urbanístico
da zona coa aprobación do Plan Xeral

O grupo municipal socialista mantivo estes días unha reunión coa asociación de veciños de Meicende Alternativo para escoitar as súas demandas e necesidades. Neste marco, o portavoz socialista, Martín Seco, reiterou o seu copromiso de crear unha sede administrativa municipal propia no núcleo de Meicende, e mesmo unha comisaría de Policía Local cunha patrulla asignada á zona norte.

O candidadto socialista á Alcaldía tamén trasladou aos veciños a súa aposta por construir a segunda piscina en Meicende, una proposta que o alcalde, Carlos Calvelo, descatou. Os socialiastas de Arteixo entenden que se debe dotar desta infraestrutura á zona norte.

No mesmo sentido, Martín Seco propón o desenvolvemento dun programa de rehabilitación do barrio das Eiras, vistas as súas carencias e necesidades no eido da conservación.

No campo social, os socialistas apostan por dotar dun programa continuo de actividades ao centro social de Meicende e subliñan a necesidade de levar a cabo novas políticas de formación e emprego vinculadas á activiade empresarial e industrial de Arteixo.

Martín Seco trasladou aos veciños o compromiso de levar a cabo o desenvolvemento do Plan Xeral do municipio, poñendo solución ao caos urbanístico de Meicende coa apertura de rúas como a de Ferrol, e mesmo a adecuación da Plaza da Constitución.


Por último, na reunión tamén se abordou o desenrolo da senda peonil polo embalse, cara a crear unha zona de ocio e funcional para os veciños da contorna, que poidan conectar a pé coas outras rutas do municipio.