Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco convida por escrito a Calvelo a participar nun debate electoral

O candidato socialista ponse a disposición do alcalde para debatir
as propostas dos seus partidos cara ás municipais do 24 de maio

O candidato socialista á alcaldía de Arteixo, Martín Seco, presentou hoxe por rexistro unha solicitude, dirixida ao actual alcalde e cabeza de lista do PP de cara ás eleccións municipais do 24 de maio, Carlos Calvelo, para celebrar un debate entre ambos co fin de pór enriba da mesa as propostas dun e doutro.
O PSOE fai pública esta iniciativa, presentada esta mesma mañá no Concello arteixán, co fin de que os cidadáns coñezan o modelo de pobo que cada partido expón para o próximos catro anos .
Os socialistas aseguran no seu escrito, no que lles facilitan número e correo electrónico, que se pon a disposición da candidatura popular para que os representantes de ambas as formacións acorden lugar, data e hora para a celebración do cara a cara, así como a forma de desenvolvelo e os temas a tratar.