O PSOE non acudirá ao pleno sobre o modificativo de crédito para non participar en actos electorais do PP
Calvelo quere ocultar os seus incumprimentos cos veciños convocando
o pleno o mesmo día que o solicitado pola oposición para tratar o PXOM
o pleno o mesmo día que o solicitado pola oposición para tratar o PXOM
O vindeiro luns celebraranse dous plenos extraordinarios. Por unha banda, o solicitado polo tres grupos da oposición para aclarar o contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e, por outro, o convocado polo goberno local para aprobar un modificativo de crédito de catro millóns de euros para realizar diversas obras no concello.
O feito de que esta segunda sesión teña lugar o mesmo día que a que esixiu a oposición, onde o PP terá moito que aclarar nun asunto turbio do que apenas hai información, fai que
Cavelo pretenda ocultar os incumprimentos realizados aos veciños de Arteixo
desde que é alcalde, tanto nese sentido como coas obras que quere facer deprisa e correndo.
Por tanto,
o PSOE anuncia que non acudirá ao pleno no que o PP pretende pór parches
a un mandato onde a atención ás demandas cidadás brillou pola súa ausencia. O alcalde anuncia agora aos catro ventos actuacións co único fin de gañar votos, pero o certo é que
se pon de manifesto unha incompetencia absoluta
dun goberno que aprobou hai dous meses os orzamentos municipais e agora, ao parecer, hai que cambialos porque non tiñan suficiente rédito electoral.
E non só iso, senón que ademais
incúmprense todos os puntos do plan económico aprobado en 2014
, o que, unha vez máis, valeulle ao executivo arteixán un
reparo por parte do departamento de Intervención
.
Por ese motivo, o portavoz e candidato socialista,
Martín Seco, non quere ser partícipe dun acto absolutamente electoral e oportunista
e lémbralle ao PP que a confianza dos veciños hai que traballala día a día durante catro anos, non unicamente os dous últimos meses do mandato, cando se lle ven as orellas ao lobo.
En canto ao PXOM, o PSOE, en pos dunha oposición responsable, si buscará respostas, informes técnicos e xurídicos, e esixirá as explicacións oportunas sobre o contrato de redacción dun Plan Xeral que, como moitas outras promesas do PP, segue no caixón esperando a ver cumpridos os intereses duns poucos. Entre outras cousas, non hai información do contrato coa UTE en 2008 e non hai información sobre supostas prórrogas do mesmo, cando a duración inicial era de catro anos prorrogable a seis como máximo.