O PSdeG-PSOE de Arteixo denuncia a falla de limpeza da playa de Alba
Son moitos os veciños de Arteixo que, durante os últimos días, transmitiron ao grupo municipal do PSOE as súas queixas polo estado no que se atopa a contorna da praia de Alba, en Sabón, onde se puxo de manifesto un claro abandono por parte dos responsables municipais.
Como se pode comprobar nas fotografías que achegamos, esta claro que existe falla de limpeza, suciedade e falla de recollida das papeleiras na zona do paseo marítimo.
Unha situación que, como advirte o candidato Martín Seco, agrávase xusto no momento no que, como sucede coa inminente chegada da primavera e o bo tempo, empeza a aumentar a afluencia de xente por alí, tanto veciños como visitantes, que queren gozar dos seus momentos de lecer nun espazo que dista moito de ser o que debería.
Deste xeito, esiximos desde o grupo municipal socialista que o goberno local adopte as medidas necesarias para mellorar a situación na praia de Alba e poder dar así a imaxe que merece.