Socialistas de Arteixo

View Original

O grupo socialista esixe tomar as medidas necesarias para garantir a seguridade en Sorrizo na zona do Moucho

Os veciños sinalan que nunha casa da zona véndese droga e que os vehículos pasan a toda velocidade poñéndolles en perigo


O grupo municipal socialista esixe ao goberno local que se tomen as medidas oportunas para garantir a seguridade na zona do Moucho, onde os vehículos circulan a gran velocidade tras acudir a unha casa en Sorrizo que constitúe un suposto punto de venda de droga.
Esta situación está a ocasionar que os veciños sintan medo polo perigo que supoñen estes coches, que mesmo xa tiraron a unha señora ao chan ao seu paso pola zona.
Algúns residentes puxéronse en contacto co PSOE para denunciar estes feitos, xa que temen que poidan producirse máis atropelos pola estrada que vai pola parte de arriba da igrexa.
Por iso, o candidato socialista Martín Seco insiste en que desde o Concello póñase en marcha un plan especial para atallar esta situación.