Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco propón a creación dunha cúpula no campo da festa para a celebración de actividades no inverno e grandes eventos


O voceiro socialista aposta por cubrir algúns dos parques infantís tendo en conta que os meses de choiva son moitos


O grupo municipal do PSOE de Arteixo mantivo unha reunión coa directiva do Centro Comercial Aberto de cara a tratar os temas de interese para o colectivo de comerciantes. Neste encontro, falouse da necesidade de rematar o entramado urbanístico do núcleo de Arteixo para comunicar as zonas comerciais do centro coa zona da Travesía, próxima a Candame. Para isto, os socialistas insisten na necesidade de sacar adiante o paralizado Plan Xeral, do mesmo xeito que adaptar as beirarrúas, e mellorar a iluminación e o resto de servizos básico para facilitar o paseo e as compras dos veciños.
O candidato á Alcaldía, Martín Seco, propón diversas melloras na dinamización comercial de Arteixo, como a creación dunha cuberta no campo da festa , onde poder celebrar concertos, feiras, instalacións de animación para os nenos, festas de maiores, de fin de ano ou carnaval, entre outras propostas.
Ademais, de cara a mellorar a vida dos arteixáns, Martín Seco, aposta por cubrir os parques infantís para que os nenos poidan disfrutalos máis días, tendo en conta que os meses de choiva son moitos.


O voceiro socialista demanda ao Concello de Arteixo que se implique na celebración das festas do mes de xullo, tomando a dirección da comisión organizadora, programando as actividades por todas as prazas do casco do municipio, e propón que a festa se leve un día polas parroquias a conta do Concello
As apostas dos socialistas pasan tamén por cubrir a necesidade de desenvolver unha política real de turismo, aproveitando as capacidades que ten o concello como as praias, paraxes naturais, patrimonio románico e mesmo a industria, para dinamizar o comercio e a hostalería do concello.