Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco propón a creación dun servizo de transporte interparoquial que conecte as áreas rurais co casco urbán

Os socialistas apostan pola conexión de núcleos como o de
Monteagudo co plan de rutas peonís do municipio



O grupo municipal do PSOE de Arteixo, reuniuse esta semana coa asociación veciñal de Monteaugo, para coñecer de primeira man a súas inquedanzas. Neste sentido, e tras escoitar as principais demandas, o portavoz do grupo socialista, Martín Seco, propón melloras no servizo de mobilidade dos veciños das áreas máis rurais. Concretamente, o candidato á alcaldía aposta pola implantación dun servizo de transporte interparroquial que sexa útil para á xente con problemas de mobilidade, principalmente. A idea é unha nova liña urbana, que conecte co centro do pobo e que os veciños e veciñas poidan usar con regularidade para ir ao centro de salud, ou a facer compras.

Nesa mesma liña, Martín Seco ve moi importante a búsqueda dun espazo que permita o aparcamento na zona da Igrexa, xa que agora, os vehículos que chegan non teñen onde estacionar. 

A mobilidade peonil na zona é outra das prioridades do grupo municipal socialista de Arteixo. O seu voceiro aposta pola continuación no núcleo de Monteagudo coa rede de sendas para peóns e propón a unión cos roteiros de A Braña, de Casas Novas á Laxe, ou o Sendeiro de Ibia, así como a posibilide da conexión coa senda de Sisalde, cara á área recreativa de Monteagudo. Nesta liña, o candidato socialista ve urxente e preciso o arranxo da pista de Ibia, xa que o seu estado non é axeitado para os veciños. 

No eido do fomento e da promoción da cultura e as festas, Martín Seco non esquece a importancia da Romería da Estrela, que se realiza no monte, e propón darlle máis visibilidade á festa deste núcleo arteixán.