Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco demanda un plan integral para a aldea de Oseiro

O grupo socialista esixe que se vixilen os abandonos de lixo que
molestan aos veciños e mesmo pican as rodas dos vehículos


O grupo municipal socialista ven de demandar que o Concello dote á aldea de Oseiro dun plan integral de rexeración e revitalización da zona.
O portavoz socialista, Martín Seco, critica que o goberno local asfaltara unha das rúas do núcleo, pero que esquecera outras, como a do Igrexario, que non foi amañada. Neste sentido, o candidato á alcaldía subliña a necesidade de mellorar a mobilidade na zona así como o acceso dos vehículos de emerxencia.
Martín Seco tamén esixe que os veciños manteñan limpas de maleza as súas propiedades , de forma a aldea estea arranxada e non haxa riscos de lumes. Nesta liña, desde o PSOE insisten na necesidade que se vixilen os continuos abandonos de lixo nos colectores, que causan malestar entre os veciños, ademáis de picadas nos vehículos que pasan por aí.