Martín Seco demanda ao Concello de Arteixo unhas políticas máis efectivas no eido do emprego
O candidato socialista urxe a creación dunha Axencia de Emprego Local e a adopción de medidas de apoio aos emprendedores
O grupo municipal do PSOE de Arteixo alerta dos malos datos que o peche do mes de febreiro deixou no municipio no referente ao desemprego. Os socialistas sinalan que Arteixo continúa á cabeza no número de parados da comarca, moi por riba de outros municipos cunha poboación similar ou superior, como Oleiros ou Culleredo.
O candidato á Alcaldía, Martín Seco, lamenta os 3.235 veciños e veciñas que se atopan sen traballo e demanda do Concello unhas políticas máis efectivas neste eido para paliar a sangría de postos de traballo perdidos desde a chegada do PP ao goberno local no 2011.
Martín Seco acusa ao Concello de dar banzados cunhas políticas formativas e de emprego que non resultan axeitadas para a sociedade. Nesta liña, o socialista demanda a urxente necesidade de pór en marcha iniciativas que alivien problema do paro no municpio. Dende o PSOE de Arteixo urxen o concello a creación dunha Axencia Local de Emprego e un proxecto de reindustrializacion no municipio.
Asimesmo, Martín Seco demanda a adopción dunha política turística que xenere emprego e de medidas de apoio aos emprendedores e creadores, que poidan revitalizar a vida económica de Arteixo.