Moción pedindo que o goberno municipal leva a cabo un Incidente de Nulidade de Actuacións contra a sentenza 00047/2015 do TSXG e o inicio dunha investigación sobre a responsabilidade de custo patrimonial derivado desta.
O 27 de Xaneiro de 2015, o TSXG sentenciaba que e
stimaba parcialmente o recurso contencioso-administrativo presentado por AMACIVE S.L., RIAZOR DE ACCESORIOS S.L., á Sentenza desestimatoria do 31-3-14 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo num. 4 de A Coruña, en PO 444/2011, sobre a reclamación de responsabilidade patrimonial como consecuencia da neglixencia na actuación dunha concesión de licenza de obra, condenando expresamente á entidade municipal demandada a que abone á actora á suma total de 290.000 euros.
A sentenza afirma que o concello de Arteixo concedeu unha licenza de obra na UA-31 no ano 2007, dita licenza foi concedida pola Xunta de Goberno Local, despois do ditame positivo e unánime da Comisión de Urbanismo, PP, PSOE , TEGA e BNG, e unha vez analizado que a licenza se axustaba a legalidade segundo o Estudio de Detalle que fora aprobado no ano 1999, que era a documentación que figuraba no concello no momento de concesión de dita licenza, sen que nesta administración constase que se dera conta dunha sentenza do ano 2003 que anulaba dito Estudio de Detalle, algo que só foi posto de manifesto por un propietario do terreo nesa unidade de actuación en Abril do ano 2010, data no que a Xunta de Goberno Local recibiu un escrito onde se informaba desta situación , o que resulta evidente é que en ningún momento, esta sentenza afectou a licenza de obra otorgada no ano 2007 e que a día de hoxe segue estando vixente por non terse anulado en ningún momento.
Dende o Grupo Municipal Socialista entendemos que dita sentenza non é xusta e que o Grupo de Goberno debería de solicitar un Incidente de Nulidade de Actuacións, xa que estamos ante unha sentenza que fala de posibles situacións lesivas para o propietario que se puideran ter ocasionado no caso de que o actor solicitase as licenzas de actividade ou primeira ocupación e que a sentenza impedise dita concesión, pero non foi o caso, xa que a licenza de construción non foi revisada, e segue en vigor a día de hoxe, ademais de tampouco ser solicitadas as conseguintes licenzas as que fai referencia e polo tanto se está sentenciando en base a futuribles, ademais de que da a sensación que se está a proceder a un enriquecemento ilícito do actor, que recibe unha indemnización patrimonial, ao mesmo tempo no que subsiste a licenza e polo tanto a legalidade da edificación construída.
Unha vez posta de manifesto a necesidade de que o concello leve a cabo dita actuación, dende o Grupo Municipal Socialista esiximos ao Grupo de Goberno do PP, que poña en marcha unha investigación política, para determinar a responsabilidade patrimonial desta sentenza de 290.000 euros, analizando como é posible que nun concello como o noso unha sentenza deste calibre, pode pasar inadvertida polos órganos de goberno dende o ano 2003 ata o ano 2010, cando se da conta dela e como é posible que dende o mes de Abril do ano 2010, onde a Xunta de Goberno pide explicitamente que se informe sobre os pasos a levar a cabo para proceder a dar cumprimento desa sentenza, algo que non se leva a cabo ata o ano 2012.
Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo solicita se someta a votación a presente
MOCIÓN
, e a adopción dos seguintes acordos:
Instar ao Goberno do Concello de Arteixo:
-
Primeiro.- Ordear que se proceda a levar a cabo un Incidente de Nulidade de Actuacións contra esta sentenza por parte dos nosos xuristas.
-
Segundo. - Iniciar unha investigación para esixir responsabilidades, a aqueles responsables desta pena patrimonial contra o noso concello