Martín Seco García (Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo): “O futuro de Arteixo necesita dunha boa política urbanística e medioambiental para unha veciñanza que vive cerca das infraestruturas e a industria, como é a do Porto de Suevos”
O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco, mantivo unha reunión coa Asociación de Veciños “San Pancracio” do Porto de Suevos, na rolda de contactos que dende o noso partido estamos facendo para coñecer e avaliar a situación dos diferentes barrios e parroquias de Arteixo.
Nesta reunión o Partido Socialista comprometeuse, unha vez máis, ao amparo da legalidade e aproveitando os trocos que se fixeron na lei, a continuar o actual traballo de legalización do núcleo do Porto de Suevos, e para elo esiximos unha vez máis que o grupo de goberno desenrole o paralizado Plan Xeral do noso concello, instrumento imprescindible para desenrolar esta e outras parroquias do concello.
Son moitas as reivindicacións que saen dende esta asociación, como a dotación dos servizos básicos, a implantación dun sistema de transporte público interparroquial, a creación de espazos para os nenos e maiores, así como o desenrolo turístico, hostaleiro e medioambiental da zona, con amplas posibilidades de desenrolo.
Dende o noso partido mostramos a nosa preocupación pola falla de previsión ante a chegada das infraestruturas ao novo Porto de Arteixo e que estas se desenrolen con respecto as comunidades veciñais que alí existen, como son o ferrocarril ou os oleoductos, sendo unha verdadeira desgraza que o incumprimento de Calvelo, de ter rematado o Plan Xeral antes das eleccións podía ter estruturado un corredor de infraestruturas, respectando o máis posible o noso territorio a calidade de vida dos noso veciños.
"Os socialistas de Arteixo estamos moi preocupados pola falla absoluta de dirección política do departamento de medioambiente, algo esencial nun concello industrial como Arteixo e que pode acarrear moitos problemas no futuro do noso concello e resulta insultante como se están a proceder a descargar produtos como clínker sen tomar as medidas oportunas e sen que o Concello e a Xunta de Galicia fagan nada”.
Na reunión se falou da posibilidade de levar a cabo un proxecto medioambiental, para levar a cabo a conversión da materia orgánica das vivendas do rural en compost, mediante pequenos composteros, algo xa utilizado noutros concellos galegos con grande éxito e que daría saída a reivindicación feita polos veciños nesta reunión que pedían onde poder deixar estes residuos.