Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco acusa ao alcalde de incumprir as súas promesas cos veciños da parroquia de Suevos


O grupo municipal do PSOE de Arteixo reprocha ao alcalde, Carlos Calvelo, ter incumprida a súa promesa cos veciños de Suevos á hora de investir os cartos procedentes da Autoridade Portuaria da Coruña como compensación polas obras do Porto Exterior de Punta Langosteira.
Neste sentido, o portavoz socialista, Martín Seco, reunido esta mesma semana cos representantes das asociacións de veciños de San Martiño e San Gregorio de Suevos, acusou ao rexidor popular de non atender as demandas veciñais á hora de adxudicar os traballos máis necesarios na zona.
O candidato do PSOE á alcaldía nas próximas eleccións enumerou unha serie de actuacións que Calvelo omitíu á hora de investir ese diñeiro, como son obras de mellora nas beirarrúas, eliminación de tapóns e accesibilidade, así como traída de gas e soterramento das liñas eléctricas.
É dicir, diversificar o investimento en lugar de realizar, únicamente, traballos de traída e saneamento, para o que dedicou case 800.000 euros deixando no aire outros temas moi necesarios para o día a día dos veciños.