O PSdeG-PSOE de Arteixo felicítase porque o goberno recolla a nosa iciciativa de liberar a pease da AG55 en Pastoriza "Autopista Coruña-Carballo"
O día 28 de Novembro o PSdeG-PSOE de Arteixo, foi o primeiro que propuxo facer unhas alegacións ao Estudio Informativo da mal chamada cuarta ronda, pedindo a supresión da peaxe da AG55 e solicitoulle ao alcalde Calvelo que informase aos veciños deste estudio. Esta supresión consideramos que serìa a mellor noticia para Arteixo a nivel de infraestructuras que puidéramos darlle aos arteixans, no primeiro momento, o goberno local non abrazou esta proposta, criticando incluso ao noso partido e posteriormente outros partidos e asociacións se sumaron a nosa proposta.
Hoxe o goberno municipal presenta as alegacións a dito documento e sorpréndenos coa toma en consideración da iniciativa plantexada polo noso grupo. Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo dámoslle a noraboa ao PP pola decisión, só faltou unha parte moi importante, que é facelo consensuado cos veciños, pero hoxe imos a celebrar esta decisión e ter sido o partido que propuxo esta medida.