Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Dende o PSdeG-PSOE pedímoslle unha vez máis ao señor Calvelo, que convoque aos representantes públicos e ao resto dos veciños, para consensuar iniciativas conxuntas no relativo ao ESTUDIO INFORMATIVO PROLONGACION DO ACCESO AO PORTO EXTERIOR, defendendo o mellor para o noso concello, a eliminación das opcións 1 e 2, e a defensa da eliminación da peaxe da AG55”
Dende o PSdeG-PSOE estamos profundamente preocupados pola inactividade do grupo de goberno do señor Calvelo, ante o ESTUDIO INFORMATIVO PROLONGACION DO ACCESO AO PORTO EXTERIOR.
O 28 de Novembro o PSdeG-PSOE de Arteixo solicitoulle ao goberno municipal que publicase a información na web do concello e que tomase iniciativa para defender os intereses do noso concello, escoitando aos veciños e consensuando coa oposición as alegacións a presentar dende a nosa administración, pero a día de hoxe, cando xa pasou máis dun mes, descoñecemos que está a facer o PP neste tema.
Dende o noso grupo, puxemos encima da mesa a posibilidade de que dende a nosa administración local fixésemos a presión oportuna para que o Ministerio de Fomento estudase a posibilidade de afondar na opción 0 e pedimos que os informes da nosa administración incidan na posibilidade de suprimir a peaxe da AG55, o que sería sen dúbida a mellor das noticias para o futuro de Arteixo e o seu desenrolo social, económico e industrial, ao mesmo tempo dende o PSdeG-PSOE de Arteixo, consideramos completamente prescindible, nestes tempos de austeridade que corren, a opción elixida como preferente polo Ministerio. Ademais dende o noso concello deberíamos aproveitar este informe, para poñer toda a carne no asador para botar abaixo as opcións 1 e 2, moi lesivas para o noso territorio e en especial para a parroquia de Morás que unha vez maís tería que soportar o impacto dunha infraestrutura viaria destas características.
Dende o noso grupo solicitamos unha vez máis que o PP do alcalde Calvelo, informe aos representantes dos cidadáns das xestións que está a realizar neste tema, que intente consensuar con nós e co resto da cidadanía as iniciativas a tomar e que o faga pensando nos intereses dos seus veciños e non nos intereses privados duns poucos.