Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo):
“Un ano máis comeza a tempada invernal con goteiras no pabillón de Galán e deficiencias no pabillón de Meicende”
Dende o Grupo Municipal Socialista voltamos a denunciar as deficiencias que se atopan nos pabillóns deportivos do noso concello, unha vez comeza o período de chuvias temos que soportar como as goteiras fan imposible o uso do pabillón de Galán ante a perigosidade na que se convirte o seu pavimento máis propio dunha pista de patinaxe.
Xa son varios anos no que denunciamos dita situación sen que o grupo de goberno do PP amañe ditas goteiras e con elas a perigosidade existente nesta instalación, por outra banda tamén queremos denunciar como o marcador electrónico do pabillón de Meicende leva dende a tempada pasada sen funcionar sen que ninguén se preocupe por amañalo.
Esperemos que o Grupo de Goberno tome nota e leve a cabo as reparacións necesarias para solucionar este problema que nos poñen de manifesto os usuarios de ditas instalacións que pagan relixiosamente as súas tasas sen atopar o mínimo de condicións esixibles para a práctica do seu deporte.