Socialistas de Arteixo

View Original

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O goberno de Calvelo agocha trala inversión dos proxectos de obras para a cesión do Polígono de Sabón a súa ineficaz xestión coa auga e multitude gastos que deberían de ser cuantificados nos presupostos, ademais de cargarse as sendas peonís solicitadas polos veciños de Morás, Loureda e Armentón” 

Mentres o goberno do señor Calvelo vendía aos medios de comuniciación o suplemento de crédito como a consecución dunha débeda histórica co concello de Arteixo, a realidade é que do 1.645.000 euros que aparecen no novo crédito, só 400.000 euros están dedicados a ese concepto, quedando 1.245.000 euros dedicados a outros conceptos que non queren publicitar, é especialmente significativo que teñan que ser suplementados 469.000 euros a maiores para o servizo de auga en diferentes conceptos, despois de ter feito uns cálculos previos que dicían que baixara o gasto neste servizo dende o rescate e vemos como día tras día aparecen gastos en diversos conceptos que incrementan exponencialmente o gasto que din dedicar, a maiores aparecen gastos que deberán ter sido presupostados como 360.000 euros en enerxía eléctrica, 13.000 en combustible, 150.000 en mantemento urbanístico e de infraestruturas viarias ou 50.000 nos centros educativos que indican a mala xestión e o despilfarro que levan a cabo os nosos gobernantes do PP.
Tamén aparecen unha serie de partidas de liquidación de obras do noso concello por un valor de 60.000 euros no seu conxunto que fan especialmente chamativo que ningunha das obras que fai este concello se axuste ao presuposto establecido e que sempre teñamos que suplementar o gasto nas liquidacións correspondentes.
O máis curioso e para non ter problemas coa intervención municipal é que o goberno do señor Calvelo, elimina as partidas destinadas a sendas peonís nas parroquias de Morás, Loureda e Armentón que foran solicitadas polos propios veciños e que agora se eliminan para favorecer a mala xestión e a ineficacia deste goberno