Socialistas de Arteixo

View Original

Preguntas sobre a Ordenanza Reguladora das Terrazas


PREGUNTAS ESCRITAS

O mes de Xuño do ano 2013 e despois de observar a falla absoluta de control por parte do noso concello na instalación de novas terrazas nos locais de hostalaría de Arteixo e o desgoberno absoluto que sentían os noso veciños con este tema, o Grupo Municipal Socialista presentou unha moción para pedir que se redactase en colaboración co resto dos grupos da oposición e das asociacións de hostaleiros unha Ordenanza de Ocupación da Vía Pública para que quedase regulado o uso de ditas instalacións, dende o Grupo de Goberno se nos pediu que trocásemos os acordos da moción presentada para en vez de na súa redacción, e se establecese unha comisión de control  que fiscalizase a redacción desta e a súa posta en funcionamento, ademais de comprometerse a redactala con premura. Dende o Grupo Municipal Socialista cedimos de boa fe ante dita solicitude e unha vez máis fomos enganados polo Grupo de Goberno, que acorda cousas nos órganos que representan a tódolos cidadáns para logo non facer nada de iso. 

Xa pasaron 15 meses dende a aprobación desta moción e no Grupo Municipal Socialista seguimos a observar como o desgoberno sigue a comandar o noso concello e seguimos sen unha norma que regule o uso de ditas instalacións e controle como se levan a cabo a instalación das mesmas, podendo observar verdadeiras aberracións ao longo do noso territorio, todo isto sen ningún tipo de problema aparente que faga imposible que tras 15 meses nos atopemos na mesma situación de desgoberno. 

Desde o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

¿Cal é a situación actual de dita Ordenanza?, ¿Cal é o problema para non tela en funcionamento tras 15 meses?, ¿Cal é o motivo de que sigan a estar ocupadas vías públicas por ditas instalacións se alternativa para os veciños?.