Socialistas de Arteixo

View Original

“Exiximos ao Grupo de Goberno do PP en Arteixo que publique na web o Estudio Informativo de Acceso Ferroviario ao Porto de Punta Langosteira e convoque a tódolos grupos políticos e representantes veciñais para consensuar o sentido das alegacións a dito documento”


Dende o Grupo Municipal Socialista, despois de ter recibido o documento do Ministerio de Fomento sobre a proposta de acceso ferroviario a Punta Langosteira estamos fondamente preocupados polas intencións de Ministra do Partido Popular, Ana Pastor de levar a cabo o trazado máis perxudicial para os nosos cidadáns de Santa Icía, Uxes, Pastoriza, Suevos e Rañobre e para o noso medioambiente e territorio, considerando como opción elixida o trazado que máis impacto ambiental e social ten sobre o noso territorio.

Dende o noso grupo seguimos defendendo a opción consensuada por tódolos grupos da corporación e que sen dúbida é a menos dañina para a nosa calidade de vida, e facemos un chamamento a seguir nesa liña de actuación para conseguir os nosos obxectivos, consensuando unhas alegacións conxuntas a realizar polos nosos técnicos municipais, entre as forzas políticas e os representantes veciñais, polo que solicitamos que dende o grupo de goberno se convoque unha reunión con tódalas organizacións sociais afectadas e os técnicos municipais, para explicar o sentido das alegacións a presentar a dito documento e que teñan en conta as propostas de todos.

Nese sentido consideramos imprescindible que se publique xa o documento na páxina web do noso concello para que todos os cidadáns que o desexen poidan avaliar o estudio e presentar alegacións se o cren oportuno.

Dende o Partido Socialista preguntámonos para que sirve o nomeamento de Carlos Calvelo como conselleiro do Porto de A Coruña, posto que esta proposta nace co beneplácito da Autoridade Portuaria e non entendemos como non utilizou a súa presenza neste consello para paralizar a proposta elixida, ese era o motivo polo que os grupos políticos de Arteixo solicitábamos a presenza neste consello, ter voz propia no órgano de goberno do Porto e non dobrarnos ante aquelas decisións que poidan afectar negativamente aos nosos cidadáns. Agora esperamos que a súa posición no Partido Popular sirva de algo e non nos teñamos que tragar esta proposta.