Ana Cedeira Zas (Voceira da Executiva Local do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O goberno municipal debe aproveitalas obras que se están facendo dende o servizo de augas, para garantir o paso peonil cara a parada de autobús da Fonte da Horta na Travesía de Arteixo”
Estas datas estamos asistindo as obras que dende o servizo de augas está levando a cabo o concello na Travesía de Arteixo á altura do Lavadeiro da Fonte da Horta, obras que están a afectar ao pavimento da beira da rúa onde está situada a parada do autobús escolar e que está en situación de difícil acceso por carecer de beirarúas ou do acondicionamento necesario para acceder cun carrito de bebé ou unha cadeira de rodas, ademais de atoparse continuamente co aparcamento de vehículos que fan máis difícil e perigoso dito acceso.
Dende o Partido Socialista pensamos que dende o departamento de obras deberíanse de aproveitar as obras nas instalacións da auga e saneamento para deixar esta parada de bus, nas condicións necesarias para un acceso seguro dos viandantes e impedir o aparcamento de vehículos que dificulten esta cuestión e para elo llo comunicaremos ao responsable de dito departamento, ademais son os propios veciños os que nos advertiron da perigosidade da situación actual e da preocupación que teñen por esta situación que se podería atallar en breve se hai disposición a elo.