Socialistas de Arteixo

View Original

“Instamos ao goberno local do Señor Calvelo a que actúe con sentido común e como alcalde de todos, cumprindo as sentenzas favorables aos traballadores como a do vixiante do Monticaño, ademais de actuar con premura no adecentamento do Parque do Monticaño como piden os veciños”


O mes pasado o Grupo Municipal Socialista denunciaba o mal estado do Parque do Monticaño e levaba ao pleno unha serie de preguntas ao grupo de goberno para ver se eran coñecedores da situación e do malestar da veciñanza ante dito abandono do parque forestal. Ademais de facela denuncia e preguntar polo estado de dito parque, dende o Grupo Socialista preguntamos pola situación na que se atopaba o vixiante do parque forestal.

Dende o Grupo de Goberno do PP, contestaron que a situación do parque era a idónea e que eran descoñecedores da situación do vixiante de dito parque, mentindo a tódolos veciños posto que eran coñecedores da denuncia presentada contra o concello e que existía neses momentos unha sentencia que lle daba a razón a dito traballador.

O Grupo Municipal Socialista tomou nota das contestacións feitas por parte do Grupo de Goberno do Concello e posteriormente se puideron observar as críticas doutros grupos políticos pedindo a adecuación do parque e mesmo algúns veciños, que informaran a este grupo municipal, tomaron a iniciativa de presentar sinaturas para solicitar que “ante o vergoñento abandono do Parque Forestal do Monticaño (fontes do parque de xogos e do merendeiro sen auga, merendeiro sen mesas,bancos nin grellas, xogos inutilizábeis, canóns oxidados e cheos de lixo, acceso peonil dende a Virxe cheo de silvas e herbas, explanadas anteriores ao Parque utilizadas de vertedoiros de lixo, buracos no pavimento do Parque, coches aparcados na herba ao lado do merendeiro, cubas do lixo sen bolsas e infectadas de insectos por falla de limpeza, ...) se fixera se máis demora, unha urxente posta a punto do Parque Forestal. 

Dende o noso Grupo pensamos que o concello debe comprometerse a levar a cabo con premura esta adecuación e presentará iniciativas no pleno para apoiar esta iniciativa popular, ademais solicitará que o grupo de goberno acate a sentencia xudicial que afecta ao vixiante do parque forestal e non a recurra, solicitando do señor Calvelo que deixe de actuar cara aqueles que non lle dan a razón como un inquisidor, faga uso do seu cargo como alcalde de todos e faga o mesmo coas arquitectas e incluso mediando entre a empresa e as traballadoras do SAF que foron despedidas por reclamar os seus dereitos laborais co beneplácito do alcalde.




ROGO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

O mes pasado o Grupo Municipal Socialista denunciaba o mal estado do Parque do Monticaño e preguntaba no pleno ao grupo de goberno, para ver se eran coñecedores da situación e do malestar da veciñanza ante dito abandono do parque forestal. Ademais de facela denuncia e preguntar polo estado de dito parque, dende o Grupo Socialista preguntamos pola situación na que se atopaba o vixiante do parque forestal.

Dende o Grupo de Goberno do PP, contestaron que a situación do parque era a idónea e que eran descoñecedores da situación do vixiante de dito parque, mentindo a tódolos veciños posto que eran coñecedores da denuncia presentada contra o concello e que existía neses momentos unha sentencia que lle daba a razón a dito traballador.

O Grupo Municipal Socialista tomou nota das contestacións feitas por parte do Grupo de Goberno do Concello e posteriormente se puideron observar as críticas doutros grupos políticos pedindo a adecuación do parque e mesmo algúns veciños, que informaran a este grupo municipal, tomaron a iniciativa de presentar sinaturas para solicitar literalmente “que ante o vergoñento abandono do Parque Forestal do Monticaño (fontes do parque de xogos e do merendeiro sen auga, merendeiro sen mesas,bancos nin grellas, xogos inutilizábeis, canóns oxidados e cheos de lixo, acceso peonil dende a Virxe cheo de silvas e herbas, explanadas anteriores ao Parque utilizadas de vertedoiros de lixo, buracos no pavimento do Parque, coches aparcados na herba ao lado do merendeiro, cubas do lixo sen bolsas e infectadas de insectos por falla de limpeza, ...) se fixera se máis demora, unha urxente posta a punto do Parque Forestal.  


Por todo o exposto, ROGAMOS ao Goberno Local:


Que se comprometan a levar a cabo dita adecuación con premura e que deixen de actuar con odios e inquinas persoais cara aqueles que non lles dan a razón, cumprindo a sentenza xudicial sobre o vixiante do parque foresta le renunciando a recurrila en instancias superiores.