Socialistas de Arteixo

View Original

Preguntas sobre o estado do Parque do Monticaño



PREGUNTAS ESCRITAS

Son moitos os veciños que se preguntan pola situación do parque forestal do Monticaño en Pastoriza, escoitamos noticias sobre a rexeneración do vertedoiro de COACON, e a viabilidade da solución plantexada polo anterior goberno municipal e que polo escoitado nos medios vai a aforrar moitos millóns de euros as arcas municipais, pero queremos poñer de manifesto, como dende a chegada do señor Calvelo ao goberno do noso concello, vimos observando como se foron pechando as instalacións que daban servizo aos cidadáns que se achegaban a pasar o seu tempo de lecer á fermosa infraestrutura do noso concello, ata chegar ao límite de ter, a día de hoxe, as instalacións do parque sen auga e polo tanto repelendo a aqueles visitantes que se achegan a visitar o noso parque e que desbotan a posibilidade de volver ao non atoparse unhas instalacións aceptables para aqueles que se achegan alí.

Sabemos incluso dos desexos dalgún colectivo de estudantes que tiñan pensado acudir as instalacións deste parque dentro dunha excursión planificada polos mestres e tiveron que cancelar dita excursión por saber que as instalacións se atopaban sen auga corrente e con todo pechado.

Dende o Grupo Municipal Socialista preguntaremos pola situación deste parque no pleno deste mes de Xuño e solicitaremos ao goberno local que busque o xeito de volver a darlle actividade en breve a un parque que dende a chegada do Partido Popular ao goberno de Arteixo está completamente infrautilizado e esquecido da axenda local do Partido Popular.   
   
Desde o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlles:

¿Cal é a situación actual do parque?, ¿Cal é a situación da infraestructura que antes funcionaba como restaurante?, ¿Por que non ten auga corrente o parque?, ¿Que uso lle quere dar ao parque o actual goberno municipal?