Socialistas de Arteixo

View Original

“Esiximos que o Grupo de Goberno do Partido Popular faga algo porque rematen xa as obras do Campo da Festa e da Praza do Balneario, e penalice as empresas construtoras por non ter cumprido os prazos establecidos”


Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo, unha vez transcorrido o prazo dado para a execución das obras da Praza do Balneario e do Campo da Festa de Arteixo, incluso con esa “xenerosa” prórroga dada polo grupo de goberno do PP, esiximos que os nosos gobernantes tomen cartas no asunto e tomen as medidas oportunas para recibir dunha vez as obras contratadas e poñer punto e final as incomodidades causadas aos veciños cunhas obras que careceron do persoal e da dedicación esixibles para finalizar en prazo, polo que esperamos que se leven a cabo as penalizacións oportunas por ditos incumprimentos e que as empresas paguen por non facer o que tiñan encomendado.

Por outra banda cónstanos que na obra do Campo da Festa, que comezou a finais de Decembro de 2013 e cun prazo de menos de 60 días de execución, foron contratados traballadores por debaixo da categoría que ostentaban, con salarios e co pago de horas extras por debaixo do establecido no convenio e dende o concello non se fai nada para que isto non suceda, inspeccionando as obras e a situación dos traballadores destas empresas e incluíndo claúsulas sociais nos contratos que impida que isto suceda. Algunha iniciativa levaremos dende o noso grupo ao pleno nese senso para que se introduzan claúsulas sociais que garantan as condicións laborais e retributivas dos traballadores que fan obras para a nosa administración.