MOCIÓN DE SOLICITUDE Á DEPUTACIÓN DE A CORUÑA SOBRE A ADECUACIÓN DA CP-512
MOCIÓN DE SOLICITUDE Á DEPUTACIÓN DE A CORUÑA SOBRE A ADECUACIÓN DA CP-512
Moitos veciños de Arteixo son usuarios da vía CP-512 pertencente á Deputación de A Coruña, que une o Concello de Arteixo co de A Coruña dende o Alto de Arteixo ata o barrio de Mesoiro, pasando polas obras de construción do futuro polígono de Morás, e moitos deles teñen que circular por ela a diario para chegar a súa residencia ou para acudir ao seu lugar de traballo.
Estes veciños veñen soportando as obras interminables que se están a desenrolar nesta vía e que foron iniciadas xa no 2011 e seguen sen ter visos de finalización ante as continúas paralizacións que están a suceder nunhas obras de ampliación da vía e mellora do trazado, que segundo as nosas derradeiras informacións e despois de moitos trocos nas datas debería de estar finalizada para o día de onte 16/03/2014.
Esta situación ademais de incomodar aos usuarios de dita vía, potencia enormemente a perigosidade desta infraestrutura que se converte nun auténtica aventura cando se ten que circular por ela de noite e en malas condicións climatolóxicas e que polo tanto debería de ser un acicate máis para conseguir unha finalización inmediata das mesmas.
Por outra banda a mesma vía circula polas obras de construción do futuro Polígono de Morás e fixéronse modificacións no trazado desta vía durante a construción desta infraestrutura, instalándose ademais molestas bandas rugosas para o tráfico pesado que danan as suspensións dos vehículos dos usuarios, esta situación convertiuse en preocupante ante a paralización da construción do polígono de Morás e a falla de información de cando se van a reanudar e finalizar ditas obras, algo que podería continuar paralizado durante anos sen normalizar a situación de dita vía.
Por todo o anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte, ACORDO:
Que o Concello de Arteixo solicite da Deputación de A Coruña:
a) A inminente finalización das obras de ampliación da vía e mellora do trazado na CP-512.
b) Que reclame ante Xestur Coruña S.A. para que de inmediato deixe en perfecto estado de utilización a vía CP-512 no paso polas futuras instalacións do polígono industrial.