Socialistas de Arteixo

View Original

“Alguén dende a Fiscalía debería de investigar o “urbanismo a carta” que está a desenrolar o PP de Arteixo co señor Calvelo ao fronte”



O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE está escandalizado polas continuas noticias que aparecen nos medios de comunicación e que nos falan da práctica dun “urbanismo á carta”, onde se modifican as normas subsidiarias dos anos 90 á beneficio dalgúns propietarios do polígono de Sabón e ao mesmo tempo se ten paralizado o desenrolo do Plan Xeral de Ordenación Municipal que a estas alturas debería de estar a punto para aprobarse definitivamente e segue a estar escondido nun caixón do Grupo de Goberno do Partido Popular.

Que según publican os medios de comunicación, sexa o Grupo de Goberno do PP o que está a “pilotar” a modificación dos usos do solo nalgunhas parcelas determinadas do Polígono de Sabón, para beneficio dalgúns propietarios con respecto a outros, parécenos moi preocupante e debería de estar sendo investigado pola Fiscalía sobre delitos urbanísticos  de A Coruña, algo que se debería de estar levando a cabo cun estudio completo dos usos do solo en todo o polígono de Sabón para adaptalos despois as necesidades actuais do noso concello no documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Estas actuacións, unidas as modificacións que se están a facer das normas subsidiarias en certas unidades de actuación do noso concello, que se están a financiar cos cartos de tódolos cidadáns do noso concello, mediante o uso do sistema de cooperación que fai que tódolos cidadáns paguemos o desenrolo urbanístico que aproveitan determinados promotores inmobiliarios.