Socialistas de Arteixo

View Original

“O Concello debe afrontar con premura a instalación de pistas de tenis no noso concello e o arranxo das goteiras no pavillón de Ponte dos Brozos e de Galán”



A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Arteixo solicítalle ao Grupo de Goberno do Partido Popular que afronte con premura e sen a necesidade de vinculalo con outros procesos de contratación, a construción dunhas pistas municipais de tenis, mentres Arteixo conta con instalacións para a práctica de moitos deportes, os practicantes de tenis teñen que acudir as escolas deportivas que se celebran no pavillón do CEIP Ponte dos Brozos, que non ten as características necesarias para unha práctica axeitada deste deporte ademais de padecer a existencia de goteiras que fan perigosa a práctica deste deporte na instalación actual. Dita necesidade deportiva ademais debería de ser garantida independentemente do proceso de contratación da piscina municipal e das melloras que as empresas ofrezan con relación a dita instalación.

Con relación as instalacións municipais e a existencia de goteiras que fan imposible a práctica de certos deportes, xa son moitos meses nos que se teñen que suspender partidos de fútbol sala en Galán pola multitude de goteiras que ten este pavillón, igual que o de Ponte dos Brozos e trocalas portas dos vestiarios que están todas estragadas e non pechan, polo que pedimos que se fagan as actuacións necesarias para corrixir as deficiencias destas dúas instalacións municipais.