“A falla de dirección política e a eliminación da participación cidadá, incentiva o espectáculo despilfarrador do señor Calvelo, con casos como o da Cabalgata de Reis”
O Grupo Municipal Socialista está fondamente preocupado pola ausencia de dirección política en moitos dos departamentos do noso Concello, que fai que manteñan os servizos única e exclusivamente pola dedicación que aportan os seus traballadores, ademais temos que observar como este goberno está a acabar, coa súa malentendida maioría absoluta, cos mecanismos de participación que este Concello foi establecendo nos últimos mandatos, especialmente baixo a extraordinaria xestión en participación cidadá da Concelleira Socialista, Doris Todoroff, que durante o seu mandato estableceu as bases para o desenrolo dos mecanismos de participación que poñan a este Concello no século XXI da política participativa, que tanto esixe a sociedade actualmente.
Ademais esa falla de dirección política e a eliminación dos cauces de participación, fai que este Concello teña que continuar cun elevado número de gastos innecesarios nos momentos de crise que estamos a sufrir, ao non contar con voluntarios e coa participación das asociacións de Concello, como xeito de organizar os actos que se realizan dende o Concello
Dende o noso grupo temos informacións que aseguran que na Cabalgata de Reis deste ano, pagouselles a algún dos participantes para que exerceran dalgunha das persoaxes desta cabalgata o que nos parece unha auténtica aberración, nunha celebración que sempre se organizou coa participación desinteresada de voluntarios e de asociacións do noso Concello e que agora pasa a ser unha mera actividade pagada, que escandalosamente utiliza electoralmente o grupo de goberno, coa presenza dos concelleiros do Partido Popular no interior desta como se dunha procesión de épocas pasadas se tratase.
O noso grupo preguntará sobre este tema no próximo pleno deste mes de Xaneiro.
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo