Socialistas de Arteixo

View Original

“Duas semanas despois das declaracións de Patricia Amado, persoal de confianza do señor Calvelo, seguimos sen escoitar as desculpas pertinentes ou que alguén do goberno ou ela mesma tomasen decisións sobre a súa continuidade como responsable en Servizos Sociais"



Dende o noso grupo despois de ler as declaracións de Patricia Amado, nunha rede social, onde afirmaba que "porque tiña que subvencionar á gardería aos fillos de outros para que as súas mamás poidan tomar
cómodamente o café", esperábamos escoitar algunha petición de desculpas por parte dunha persoa que está cobrando un soldo importante do concello como persoal de confianza do señor Calvelo e que ademais
fai funcións de coordinadora de Servizos Sociais para o noso concello, o que resulta unha tomadura de pelo polo tipo de declaracións que realiza públicamente.

Unha vez que observamos que por parte da afectada non existe a petición de desculpas e tampouco dimite dun cargo que non exerce co necesario respeto hacia os nosos veciños, debe de ser o señor Alcalde
quen tome medidas contra a persoa que él mesmo nomeou e que debe de cesar por saude pública para a nosa institución. Ademais ignoramos a cualifícación técnica de dita persoa para exercer como supervisora dos nosos Servizos Sociais e o traballo que exerce para ter un soldo como asesora que debería de ser para coordinar un traballo que dito Departamento non exerce con melloría nestes momentos de crise.