O PSDEG-PSOE DE ARTEIXO PEDIRÁ NO PLENO DO CONCELLO, UNHA VEZ MÁIS, QUE O GOBERNO LOCAL FAGA UN USO RESPONSABLE DA AUGA DA TRAÍDA E UTILIZE OUTRA AUGA, PARA AS MÁQUINAS DE LIMPEZA
Nos meses de verán , o Grupo Municipal Socialista denunciou o exceso de consumo que o goberno local facía da auga da traída, tanto nos riegos, como nas praiais, como na limpeza, esixíamos que se fixese un consumo responsable para evitar problemas como os acontecidos con reenchido do depósito de Pastoriza que xenerou unha gran inestabilidade no noso sitema de traída e un gasto desproporcionado para as nosas arcas.
Naquel momento denunciamos que se estaba a utilizar unha barbaridade de auga da traída na limpeza das nosas rúas, e que poderían existir outras posibilidades, como utilizar a auga do embalse de Sabón que ten a calidade suficiente para utilizala para limpeza, pero o concello fai caso omiso e segue a facer un uso da auga, nada acorde cos tempos actuais, onde a auga pasou a ser un ben moi cotizado e moi protexido. Lonxe de facer caso das indicacións deste grupo o goberno do Concello segue a utilizar a auga dun xeito irresponsable como podemos observar na foto que adxuntamos, onde a empresa que leva a limpeza da zona norte do Concello, enche as súas máquinas de auga da traída, nada máis e nada menos que
2.200 litros
cada vez que esta máquina enche o seu depósito.
Esperamos que os nosos dirixentes tomen nota e intenten buscar solucións para un mellor uso da auga e deixen o discurso do señor Calvelo que se instalou no discurso populista e pouco didáctico de que non fai falla o aforro de dito ben tan prezado.