O PSDEG-PSOE DE ARTEIXO DENUNCIA A DEIXADEZ DO GOBERNO LOCAL DO PP CON RESPECTO AOS PROBLEMAS DE SEGURIDADE VIAL EXISTENTES NOS CRUCES DAS RÚAS RECONQUISTA E INDEPENDENCIA COA AVD FISTERRA, DERIVADOS DE TER APAGADOS OS SEMÁFOROS DE DITO CRUCE, EXCEPTO NAS ENTRADAS E SAÍDAS DOS COLEXIOS
No pleno do mes de Agosto o noso grupo denunciou que dende o mes de Xuño o goberno do PP ten apagados os semáforos do cruce das rúas Independencia e Reconquista coa Avd Fisterra, que funcionaban correctamente dende a instalación da nova rotonda de Bajamar, o grupo de goberno dixo que derivaba dun troco de sentido en ambas rúas que quería efectuar o goberno local e que estaba esperando informes da técnica de obras e da Xunta de Galicia, dende o noso grupo lle comunicamos que non entrabamos a valorar este troco senon a necesidade de ditos semáforos mentres non se levara a cabo esta proposta porque a situación de inseguridade que se estaba a crear neste cruce de rúas era moi elevada e as queixas dou usuarios moi acentuada. A decisión do goberno local foi o encendido de ditos semáforos nas horas punta de entrada e saída nos colexios da zona, pero o apagado de ditos semáforos o resto do día, polo que o noso grupo no pleno do mes de Setembro voltou a solicitar que se ticeran enecendidos a totalidade do horario ata que se leve a cabo o proxecto que están a estudiar dende obras e dende a Xunta de Galicia.