O Goberno do PP, atrévese a anunciar unha pírrica subvención da Xunta de Galicia en materia de emprego, cando olvidou ao noso Concello durante catro anos sin ningún tipo de inversión
Agrupación Socialista de Arteixo
Onte quedamos sorprendidos ante o anuncio do goberno do Concello de Arteixo dunha subvención pírrica da Xunta de Galicia en materia de emprego para o noso concello, xusto o día antes de que comeza a campaña electoral e sen que o goberno de Feijoo invertise un euro no noso Concello durante estos catro anos e despois de asitir ao recor histórico de parados no noso pobo.
Durante estos catro anos foi nula ainiciativa do goberno de Feijoo en Arteixo, poñendo como exemplo a falla de compromiso con Centro de Saúde de Meicende que segue sen abrir polas tardes e está completamente saturado de traballo e a nula inversión no Centro de Saude de Arteixo, ademais de non levar a cabo a construcción do Centro de Vilarodía, a nula de inversión desta administración nos centros educativos do concello, a inexistente inversión do goberno de Feijoo coas vías desta parroquia que están baixo a súa titularidade e en concreto a falla de inversión na construcción dunha rotaonda no Seixedo adecuada as necesidade, a falla de inversión para rematar o polígono de Morás, e a falla de políticas de formación e de axuda aos desempregados que sacude especialmente a un pobo obreiro como o noso, nula inversión en garderías e centros de día para os nosos maiores,.... falla de inversión da Xunta de Galicia que explica como se está a gastar o remanente deste concello con inversións en ditas materias que deberían de estar cubertas pola Xunta de Galicia e que por culpa desta falla de inversión, o concello non pode dedicar os cartos en outras actuacións moi necesarias para os nosos veciños.