O PSOE DE ARTEIXO PRESENTA ALEGACIÒNS ANTE A NOVA ORDENANZA DE PRAIAS DO CONCELLO DE ARTEIXO
O pasado 26 de Xullo de 2012, procedeuse por acordo da maioría do número legal de membros do Pleno da Corporación á aprobación inicial do texto da “Ordenanza Municipal reguladora do uso das praias do Concello de Arteixo” e unha vez aberto o período de alegacións dende o noso Grupo Municipal desexamos facer as seguintes
O noso Grupo pide a supresión do texto “coller plantas e mariscos”. Non pode ser un uso común a recollida de plantas e mariscos. Por unha banda, a flora e fauna das praias está protexida pola singular fraxilidade do ecosistema e moito máis cando no areal existen dunas. A recollida de marisco está regulamentada por unha lei específica así como a necesidade de posuir un carné acreditativo para a súa extracción.
Dende o noso Grupo solicitamos a eliminación deste artigo e tódolos referentes a criminalización do naturismo. Posto que
trala abolición do delito de escándalo público mediante Lei Orgánica 5/1988, e trala específica abolición no mesmo acto da "facultade de policía de moralidad" especialmente nas praias, a inclusión de novo da persecución e criminalización da desnudez constitue un acto consciente de violación da Constitución, do estado de dereito e da citada Lei Orgánica.
Xa dende 1988 e coa nova Lei de Costas, quedou claro que as competencias municipais sobre as praias non habilitan aos Concellos (nin a ninguen) a regular sobre outro tipo de cuestións que excedan das puramente de salubridade pública e de mantenemiento, e quedou especialmente claro que non o facultan para actuar como “policía de moralidade” xa que esta función atopábase na antiga Lei de Costas e foi suprimida específicamente na actual. Non nos atopamos polo tanto ante un caso de vacío legal que se poda deixar ao arbitrio do Concello, senon dunha supresión específica e desexada, polo que nos debemos rexir polo Principio de Legalidade e de Xerarquía das Leis.
Dende o noso grupo propoñemos a eliminación deste punto para trocala por, “Queda prohibido durante os meses de Maio ata Setembro inclusive, de 08:00 a 22:00 a instalación de tendas de campaña ou campamentos nas praias e na zona costeira, por razóns de interese natural, paisaxístico e cultural, ademais da prohibición durante todo o ano destas instalñacións naqueles lugares protexidos como as dunas e lugares de especial cuidado medioambiental”
No punto 2, dí: “Queda prohibido deixar instalados....nin no areal”
Dende o noso Grupo propoñemos trocalo por: “Queda prohibido deixar instalados os complementos tales como os parasoles, cadeiras, mesas, etc.. durante máis de duas horas, coa única finalidade de ter reservado un lugar na praia sen atoparse na zona de baño nin no areal”
Arteixo, a 17 de Setembro de 2012
Voceiro do Grupo Muncipal Socialista de Arteixo