Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo solicitamos ò Concello de Arteixo a creacion do consello escolar municipal e a bolsa de axuda para comedores escolares
Martín Seco (Voceiro do psdeg-psoe de Arteixo) : “O psdeg-psoe de Arteixo solicitou no pleno de principios deste mes a creación do consello escolar municipal e a creación dunha beca comedor para as familias máis necesitadas do noso concello, utilizando o remanente deste concello en axudar as familias con máis problemas e parar coa dilapidación do superavit en obras, proxectos e pagos de pouca utilidade para os nosos veciños”
Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentamos un rogo no Pleno de principio de mes, para que se cree o Consello Escolar Municipal, debido as continuas situacións que obrigan a a ter posicións e regulamentos comúns en tódalas comunidades educativas do noso concello. Pedimos ao goberno do PP e así o faremos por escrito, que convoque aos grupos da oposición para elaborar un regulamento de Consello Escolar Municipal, onde temas como as normas en relación co absentismo escolar nas que está a traballar o concello nestes intres, coa indumentaria de asistencia aos centros que tanta polémica trouxo a este concello, temas para tratar de aunar esforzos en determinados servizos que actualmente están a ofertar as AMPAS como os comedores escolares, puideran ser coordinados e organizados dende un órgano superior onde o concello tivese a voz cantante e puidese ser o referente en materia educativa.
Ademais na situación de grave crise, que están a vivir os nosos veciños, dende o Grupo Municipal Socialista solicitamos que o PP crease unha bolsa de axudas para os usuarios dos comedores escolares na mesma liña que se estableceu unha para o material escolar e que tanto podería aliviar o peso da crise nas familias con máis problemas.
Dende o Grupo Municipal Socialista cremos que é hora de facer un esforzo dende o Concello para levar a cabo iniciativas que axuden a que os nosos veciños con máis problemas, poidan manter unha calidade de vida nestes duros momentos de crise, e esto só pode ser posible co apoio solidario dunha administración local que prime en primeiro lugar as axudas sociais aos que máis o necesitan e que deixe de laminar todo o remanente do Concello en pagar os gastos das remuneracións dos concelleiros, en obras como a remodelación da Oficina de Turismo, a remodelación da Praza do Balneario, a remodelación do Campo da Festa e outras, a redacción de múltiples proxectos que poderían ter sido feitos polos nosos funcionarios como indica o Interventor nos seus informes, ou a cantidade inxente de pagos extraordinarios que este concello está a facer con só algúns dos traballadores do Concello, co que semella un pago para que exerzan un traballo polo cal xa lle estamos a pagar tódolos cidadáns.
Asdo:Martín Seco García
Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo