O GOBERNO DO PARTIDO POPULAR EN ARTEIXO DILAPIDARÁ O SUPERAVIT DO NOSO CONCELLO NUN SÓ ANO DE LEXISLATURA
Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “Nos tempos de crise e esixencia de austeridade que corren, o goberno de Calvelo vai camiño de dilapidar o superavit do noso concello nun só ano de lexislatura e condenar á miseria a moitas familias do noso concello”
Dende o Grupo Municipal Socialista observamos como mentras o PP de Mariano Rajoy fala de austeridade e cada día recorta máis os nosos servizos sociais, a nosa educación pública, a nosa sanidade, rebaixa as pensións e os soldos dos funcionarios, sube o IVA e o IRPF, aumenta os impostos da enerxía, … O goberno do PP en Arteixo, encabezado por Carlos Calvelo dilapida un remanente de Tesorería de 20.000.000 de euros, deixando só 6.400.000 millóns de euros a data de hoxe e xa anuncían novas modificacións de crédito para acabar de dilapidar o restante, tendo en conta que parte ten que ser para pagar as débedas da auga.
Nas últimas datas vimos observando como cada día se pon máis difícil a vida para os nosos cidadáns co terrible desemprego que cada día medra máis no noso concello, co continuo recorte dos servizos públicos que está levando a cabo os gobernos do señor Feijoo e do señor Rajoy e un aumento nada equitativo dos impostos que reducen moito a capacidade de gasto dos nosos veciños. Estes recortes traen cada día máis paro e uns peores servizos públicos, ademais de deixar sen aportar, por parte da Xunta de Galicia, algunha das partidas que aportaba aos concellos que xa viven nunha situación de angustia económica e por iso dende a nosa situación de sanidade económica deberíamos de poñer todos os medios posibles para paliar estas situacións e non enterrar os cartos en obras que non son prioritarias para os nosos cidadáns como son a educación, a sanidade, os servizos sociais, a atencións aos maiores, aos dependentes ou os nosos nenos.
Dende o noso Grupo non entendemos como se poden estar programando actuacións como a remodelación do campo da festa, a remodelación da Praza do Balneario, a construcción de pistas multideportivas no Seixedo ou faraónicos centros sociais para moi poucos veciños, cando a situación dos nosos cidadáns é cada día máis precaria, cun índice de parados enorme e en aumento exponencial, cun servizo de asistencia no fogar que non funciona, coa compra de material escolar que a partir de Setembro terá un 21 de IVA e moitas familias non poderán afrontalo e sen ter creado novas bolsas de axuda para aqueles veciños que o necesiten, polo que neste pleno solicitaremos que o grupo de goberno do señor Calvelo poña os pes na terra e utilize o remanente e o noso presuposto en paliar os efectos da crise nos nosos cidadáns e deixe de dilapidar o remanente e a extupenda situación económica que herdou da xestión do PSOE. Ademáis debería de ser cauto ante as posibles penas patrimoniais que puideran resultar das actuacións urbanísticas do seu anterior goberno que poderían terse que pagar nos próximos exercicios.
Asdo:
Martín Seco García
Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo