NOTA DE PRENSA SOBRE O DESPILFARRO DE AUGA QUE ESTA A FACER O GOBERNO DO PARTIDO POPULAR NO NOSO CONCELLO
Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “A ineficacia e a falla de criterios do señor Calvelo con respecto a traída de auga do noso concello vaille sair moi caro aos nosos veciños”
Dende o Grupo Municipal Socialista estamos profundamente preocupados polos problemas acontecidos nas últimas datas co sistema de suministro de auga do noso Concello e descoñecemos ata onde poden chegar as profundas diferencias existentes entre a parte privada de AUGARSA “AQUALIA” e o goberno do noso concello. Ademais é inaceptable que nestes tempos de profunda crise, se esté actuando cunha falla absoluta de austeridade no consumo e traslado de auga, cun enorme gasto que van a tener que soportar os nosos veciños.
Dende o noso grupo pedimos un pouco de mesura nas manifestacións e unha búsqueda común dos problemas que temos co depósito de Pastoriza e a sua continua baixada que fai que xa tiveran que facer un enchido a finais de Xullo deste ano, coa contratación de máis de 400 viaxes de cisternas, máis de 5.000.000 de litros de auga, que suporán un enorme gasto para as nosas arcas e outro posterior, nestas datas que agravará máis aínda esta situación, que onte valoraba o goberno do concello en máis de 50.000 euros e máis do dobre a empresa concesionaria.
Os responsables públicos estamos para solucionar problemas dos nosos veciños e non para crealos, polo que as duas partes da empresa AUGARSA deben entenderse para dar un bo servizo ao cidadán e dende o PSdeG-PSOE nos mostramos abertos a facilitar un bó diálogo entre partes para que non teñamos que seguir acumulando gastos innecesarios e que os veciños non teñan problemas de suministro.
Neste senso dende o noso grupo, preguntaremos no próximo pleno porque non se toman medidas para solicitar un consumo responsable dos nosos cidadáns ante esta incapacidade de abastecemento no depósito de Pastoriza, porque non se están a tomar medidas con respecto aos consumos públicos como son os riegos, as limpezas e o consumo nas praias, e que tipo de estudios está facendo o concello para localizar porque se está a vaciar o depósito con tanta rapidez se as instalacións non variaron dende os últimos anos.
Asdo:
Martín Seco García
Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo