"A falla de iluminación na zona onde se situan as instalacíóns municipais da Avenida de Arsenio Iglesias, está a causar problemas de inseguridade cidadá nos nosos veciños"
A falla de iluminación existente no tramo da Avda de Arsenio Iglesias, que vai dende a Avda de Caión ata despois da Piscina Municipal, fai que moitos cidadáns do noso Concello que participan en actividades que
se celebran nas instalacións municipais existentes nesta rúa, estén preocupados e asustados pola inseguridade cidadá que están a vivir dende fai xa moitas datas.
Non sabemos a que está esperando o señor Calvelo, que pertence o Grupo de Goberno do Partido Popular na Deputación da Coruña, para esixir que se amañe de inmediato esta situación que tan preocupados ten a algúns cidadáns do seu concello.
Ademais xa foron varios os veciños que observaron actuacións delictivas nesta rúa ante a falla de iluminación, como o vaciado de combustible de vehículos estacionados en dita rúa, así como as actuacións vandálicas que se sufriron en varias ocasións nas instalacións da garderia municipal.
Dende o Grupo Municipal Socialista faremos chegar a nosa preocupación ao Pleno Municipal deste mes de Abril e aproveitaremos para solicitarlle ao noso alcalde, que ademais do amaño inmediato desta avería, solicite un aumento de iluminación para esta avenida, xa que resulta insuficiente nunha zona de moito movimento de cidadáns polo uso das instalacións municipais que nalgún caso son xóvenes menores de idade que en inverno ven como a media tarde faise a noite e circulancon medo por unha rúa con moi pouca luminación.