Socialistas de Arteixo

View Original

Troco na Xunta de Goberno Local para repartir asignacións entre os concelleiro do PP


“O señor Calvelo reparte irresponsablemente soldos e dedicacións exclusivas entres os seus compañeiros de partido, mentres o Partido Popular difunde un falso discurso de austeridade, ademais condiciona o funcionamento do concello con finalidade únicamente retributiva e non de traballo”

Dende o Grupo Municipal Socialista, estamos avergoñados das medidas que o señor Calvelo está a tomar dende a súa chegada ao concello en materia de salarios para os concelleiros de goberno, comezamos a lexislatura cun discurso de austeridade que decía que non farían máis gasto neste concepto que o anterior grupo de goberno, para ir aumentando exponencialmente as dedicacións exclusivas e o gasto en concepto de órganos de goberno do grupo do Partido Popular para o Concello de Arteixo.

É decir, comezamos a lexislatura mentindolle aos cidadáns, xa que aumentaron ditas retribucións, establecendo catro dedicacións exclusivas, a do alcalde a da concelleira de economía, a do concelleiro de urbanismo, e a do concelleiro de emprego, contrataron duas personas como persoal de confianza, e meteron pola porta de atrás, un contrato astronómico para contratar a unha persona que se dedicase a relación cos medios de comunicación. Ao mesmo tempo observamos como entre os membros da Xunta de Goberno non estaba incluido o Concelleiro de Urbanismo, nin o de Emprego cando este órgano é quen toma as decisións na maioría de asuntos do Concello, incluidos os urbanísticos, ¿cal era o motivo?, que asistiran outros concelleiros con menos implicación política pero cos que hai que repartir os 200 euros semanais que supon a asistencia a este órgano de goberno. Unha vez pasou o tempo, apareceu a dedicación do señor Merelas, concelleiro de medioambiente, que ademais ven acompañada no pleno de hoxe, doutro cambio na Xunta de Goberno, que inclue a partir de agora nela a Fina Zas para que deixe de participar o seu compañeiro Victor Merelas, que como ten dedicación exclusiva deixaría de cobrar as asistencias a dito órgano, unha decisión completamente incomprensiblemente dende o punto de vista político, posto que un concelleiro como éste, que debería de estar nos órganos decisorios como é esta Xunta de Goberno, trócase por outra compañeira, co único motivo de repartir os 200 euros semanais de dieta, que ten asignado dito órgano.

Tamén asistimos a gastos completamente irresponsables que os membros do Partido Popular non efectuarían se os cartos saisen dos seus bolsillos, como sillas de coste estratosférico para o concelleiro de urbanismo, ipad´s para o concelleiro de persoal, novas liñas de datos para os concelleiros do PP, viaxes a FITUR para dous concelleiros, máis teléfonos móviles sen límite de gasto,...

Por outra banda, resulta vergonzoso ver como os membros do goberno, se reparten as asistencias ás mesas de contratación que na anterior lexislatura estaban formadas por técnicos, excepto na súa presidencia e que agora as ocupan os concelleiros do Partido Popular, perdendo capacidade técnica e de control das decisións a tomar nas contratacións do concello, única e exclusivamente, para que os membros do Partido Popular cobren os 200 euros por asistencia que ten asignada dita mesa, co perigo que ten este tipo de decisións paras arcas do Concello, cando se deciden contratacións de moitos miles de euros con xente que non está preparada para tal fin. Ademais, como só se poden cobrar duas mesas de contratación mensualmente, asistimos a un troco de cromos continuo de concelleiros do Partido Popular que entran e saen, cada duas celebracións para deixarlle o sitio a outro compañeiro que poida lucrarse con tal acción, sen ter en conta en ningún momento, a importancia dun órgano coma éste que examina e otorga os contratos deste concello.

Non é de recibo que se lle esté a lanzar unha mensaxe de austeridade coas contas públicas aos cidadáns, que o están a pasar moi mal coa crise económica, para logo atoparnos con este gasto irresponsable e inxustificado que realiza o Partido Popular coas contas públicas co único motivo de repartir cartos entre os seus ediles.