Nota ante a sentenza das licencias nas naves da antiga MAFRIESA
“Dende o Partido Socialista levamos moito tempo alertando desta situación que será moi costosa para tódolos veciños do noso Concello e evidencia unha forma de facer política urbanística que pretende voltar ao noso Concello”
Dende o Partido Socialista, levamos moito tempo advertindo das múltiples reclamacións patrimonias que recaerán sobre as nosas costas, debido a unha forma de facer políica urbanística por parte do Partido Popular que fomentou o “todo vale” e o “vai facendo” que sentou moitos precedentes de irregularidades urbanísticas que serán dunha cuantía millonaria e que teremos que pagar entre tódolos veciños.
Hoxe voltamos a atoparnos cunha sentencia firme que obriga a cumplir a resolución dictada polo Director Xeral de Urbanismo en decembro de 2005, que obriga ao derribo das naves que se situan onde se situaba o vello matadero de MAFRIESA, esta sentenza firme traerá consigo a conseguinte indemnización para os propietarios das naves que contan con licenza municipal para o desenrolo da súa actividad e que se deron de xeito irregular. Sentenza que se unirá a outras como a do vertedoiro do Monticaño ou a do Chalet da antiga secretaria do alcalde Pose, que causarán un importante bocado nos bolsillos dos veciños de Arteixo.
Dende o Grupo Municipal Socialista desexamos saber as actuacións que vai a levar a cabo o actual goberno municipal sobre este asunto e se cumplirán a sua promesa electoral aos veciños de Suevos, nas que aseguraban que solucionarían ditos problemas ou se simplemente estaban mentindo, unha vez máis, aos nosos veciños, cando sabían que non sería posible dita legalización.