Socialistas de Arteixo

View Original

Nota para solicitarlle aos outros grupos a solicitude dun pleno extraordinario e reunión á asociación de veciños de Morás

“O señor Calvelo agochou o Plan Sectorial de Áreas Empresariais aos veciños afectados e non tivo en conta as súas preocupacións ante un proxecto que é unha puñalada nas costas do noso territorio”


Dende o Grupo Municipal Socialista, non saímos do noso asombro ao comprobar que as acusacións, que fai unha semana facíamos do grupo de goberno do Partido Popular, fixéronse realidade unha vez tivemos a información, de que a Asociación de Veciños de San Estevo de Morás, solicitara ao Concello que convocara un Pleno Extraordinario para tratar a ampliación de Morás que viña incluida no Plan Sectorial de Áreas Empresariais, e que se puxeran os medios do Concello para levar a cabo as medidas necesarias para evitar un proxecto nefasto para o futuro destes veciños. Ante dita solicitude o señor Calvelo e os seus concelleiros deron unha calada por resposta e dubidamos seriamente de que foran capaces de presentar a tempo as alegacións que despois do remate do plazo anunciaron a bombo e platillo, como se a mobilización dos veciños fose a única que fixese reaccionar ao grupo de goberno municipal que trataba de agochar dito plan, sen ter informado da súa exposición pública e non ser publicado na páxina web do Concello, onde informan de todo aquelo que consideran importante.

 Como xa anunciamos o Partido Socialista falou coa directiva da asociación e se puxo a súa disposición para tomar as medidas oportunas para evitar que a Xunta de Galicia do señor Feijoo, consume esta barbaridade para o noso Concello, e nesta semana solicitará unha reunión cos veciños afectados para voltarlles a brindar todo o noso apoio e poñerlles a disposición o traballo do noso deputado no Parlamento de Galicia , Luis Toxo, para que presente as iniciativas parlamentarias sobre este tema que está a traballar nestas datas e que intenten paliar esta nefasta planificación para o futuro do noso concello, continuando coas nosas inciativas que comezaron coa presentación das alegacións que o grupo municipal socialista presentou ante dito plan e que pedían a retirada das tres fases da ampliación.

Por outra banda, o Grupo Municipal Socialista quere convocar un Pleno Extraordinario para debatir sobre este tema e darlle voz os veciñosafectados, polo que solitamos públicamente ao resto dos partidos da oposición, a súa sinatura que faga posible, chegar ao 25% da corporación necesario para poder convocar este pleno, que pedían os veciños no seu envío a Comisión de Goberno e no que desexamos oir aos nosos dirixentes posicionándose claramente a favor dos intereses veciñais e dándolle voz as asociacións que desexen intervir, aínda que sexa un pouco tarde para darlles palabra, por parte daqueles que mandan moito e fan pouco polos intereses dos nosos conveciños.