Socialistas de Arteixo

View Original

Nota ante as declaracións do alcalde no caso das licencias das naves da antiga MAFRIESA

“Carlos Calvelo míntelle aos veciños e propietarios das naves de Suevos, cando afirma que pode legalizar as instalacións co Plan Xeral”

Despois de escoltar as declaracións do alcalde nos medios de comunicación, onde afirma que intentará legalizar o polígono de Suevos mediante o Plan Xeral, dende o PSdeG-PSOE de Arteixo estamos tremendamente asustados pola falla absoluta de coñecemento dos procesos xurídicos e administrativos do mandatario local e o seu Concelleiro de Urbanismo, cando afirman que ante esta sentenza de casación do Tribunal Supremo, cabe a posibilidade de facer actuacións para conquerir a permanencia de ditas instalacións. Asustados, non só porque non sexan coñecedores das leis e dos procedementos xurídicos e xurisprudencia nesta material, senon pola tremenda capacidade de mentirlle aos cidadáns que teñen estos señores, que deben coñecer algo sobre esta materia cando un deles é traballador da Axencia para a legalidade urbanísitica e cos seus comentarios máis ben parece todo o contrario.

Dende o Partido Socialista, consideramos que o señor Calvelo e o señor Castro o que debían de facer e comportarse con responsabilidade, ser veraces e  explicarlle aos propietarios a situación actual que ten estas instalacións e buscar solucións as responsabilidades patrimoniais que vaian a xurdir desta sentenza. Ademais de explicarlle aos veciños de onde veñen estos problemas, que recaerán con forza sobre os nosos veciños, debido a unha forma de facer política urbanística por parte do Partido Popular que fomentou o “todo vale” e o “vai facendo” que sentou moitos precedentes de irregularidades urbanísticas e que por algúns comentarios dos actuais mandatarios nos medios de comunicación, pode voltarse a repetir nesta lexislatura

Ante esta preocupación solicitaremos a convocatoria dunha comisión informativa para ser informados sobre este tema de tanta importancia para o noso Concello e para que sexa atendido buscaremos a complicidade doutros partidos da oposición para que teña obriga de convocala. Voltamos a facer un chamamento á responsabilidade dos nosos actuais dirixentes, e pedirlles que sería desexable que o actual goberno municipal levase a cabo unha política transparente e repetuosa coa legalidade urbanística que salvagarde os nosos intereses e non supoña unha carga todavía maior para os bolsillos dos nosos veciños, nese senso destacamos as últimas afirmacións feitas polo equipo de goberno con respecto A UA-6, o Campo de Golf de Larín ou a Igrexa de Arteixo, nas que aseguraba unha legalización pola vía rápida dunha solución de extrema complexidade e incluso menospreciando os informes técnicos dos traballadores municipais.