Socialistas de Arteixo

View Original

Moción de urxencia para opoñerse os orzamentos da Xunta 2012 moi lesivos para os intereses de Arteixo



Decir que o Partido Popular co señor Calvelo ao fronte impediu que se debatira a moción, non valorando a urxencia da mesma, vostedes mesmos valoren este comportamento co que está a chover.

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Nestas últimas datas fumos coñecedores dos presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2012 e nunha primeira valoración temos que poñer de manifesto o completo olvido do suposto goberno amigo do Partido Popular na Xunta de Galicia co Concello de Arteixo. A partida de 250.000 euros que a Conselleria de Infraestructuras adica a Rotonda do Seixedo é unha burla aos intereses dos cidadáns de Arteixo, as suas empresas e a toda unha comarca que depende, en materia de emprego, da actividade no noso concello. Pero o máis preocupante, é que no calendario que presenta a Xunta de Galicia, a inversión non será importante ata o ano 2014, co que non teríamos reforma ata o ano 2015 como mínimo e comezamos a crer, que a Xunta de Galicia do señor Feijoo, non ten intención de facer esta reforma da rotonda, xa que comezou cun recorte de tres a dous niveis que xustificaron coa necesidade de efectuar as obras con rapidez e de ter unha menor afectación do solo, e en poucas datas estas xustificacións resultaron falsas, como o noso grupo denunciou públicamente, xa que entendíamos que este recorte era debido a falla de compromiso do goberno do señor Feijoo co noso Concello, como posteriormente se verificou.

            Ademais, esta decepcionante noticia, ven acompañada pola inexistencia de partida orzamentaria para a construcción do Centro Médico de Vilarodís e da inversión que necesitan as infraestructuras sanitarias do noso concello, a falla de inversión nos centros educativos do noso concello que está máis que demostrada, coa continua sangría orzamentaria que lle supón as contas do noso concello, facer as obras que corresponderían facer á Consellería de Educación e que se fan inaprazables polo malestado dos centros educativos do noso concello, e o olvido da señora Mato, conselleira de Traballo, que prometerá uns substanciais fondos, que anunciou que destinaría ao noso concello para mitigar os efectos do paro, que ten o dubidoso orgullo de contar coa maior tasa de desemprego da nosa comarca e por outro lado ser o Concello que máis emprego reparte entre os cidadáns do noso entorno.

            A esta falla de inversión orzamentaria no noso concello por parte da administración do señor Feijoo, temos que unir a inexistencia dalgunha nova partida, que mitigue as eivas que ten o noso concello, cunha das maiores tasas de crecimiento poboacional de Galicia e que a administración autonómica non dedica nin un só euro a axudarlle a solucionar os seus problemas.
 
            Tendo en conta estos antecedentes e indignados por non ter escoitado todavía as queixas por estos pésimos presupostos para Arteixo da boca do noso alcalde, semellando estar máis preocupado por agradar aos seus superiores no Partido Popular desta provincia que por exercer de rexidor dos intereses dos cidadáns de Arteixo que lle deron o seu respaldo maioritario no mes de Maio deste ano, presentamos esta moción de urxencia para que tódolos grupos deste concello manifestemos conxuntamente o noso desacordo con estes presupostos e solicitemos tanto do goberno da Xunta de Galicia, como dos grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia que recollan estas inquedanzas no transcurso do proceso parlamentario de aprobación deste presuposto do ano 2012.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

ACORDO:

·        A Corporación do Concello de Arteixo, mostra o seu rexeitamento aos presupostos presentados neste mes de Outubro pola Xunta de Galicia para o ano 2012 por esquecer as necesidades do noso concello

·        Solicita do goberno da Xunta de Galicia e dos grupos parlamentarios deste Parlamento a necesidade de incluir partidas orzamentarias que son de vital importancia para o noso concello, como a necesaria para a construcción da rotonda do Seixedo neste ano 2012, a necesaria para a construcción do Centro Médico de Vilarodís neste 2012, e a inclusión dos fondos que necesita o noso concello para os centros educativos do noso concello e para o desenrolo dunha política de loita contra o desemprego como prometerá a señora Mato na visita que realizou a Arteixo en anteriores datas.

·        Trasladar estos acordos ao goberno da Xunta de Galicia e os grupos parlamentarios do PP, PSOE e BNG no Parlamento de Galicia.