Socialistas de Arteixo

View Original

Moción para o Pleno de Setembro sobre Radio Arteixo


O PP de Carlos Calvelo escudándose nun suposto informe da Secretaria Xeral do Concello de Arteixo, non incluiu na Orde do Día esta moción por decir que non era potestade do Pleno do Concello decidir sobre os temas relacionados con Radio Arteixo, maniobra que consideramos "ilegal" e que polo tanto examinaremos e tomaremos as medidas oportunas ao respecto. Pero ao fin o que desexa o Par´tido Popular do señor Carlos Calvelo é silenciar Radio Arteixo e a participación dos veciños neste medio público e para isto desexa tamén silenciar o debate sobre as actitudes que está tomando o Partido Popular sobre este tema. Aquí quédavos a moción:

MOCIÓN
           
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

            Dende o ano 2007, sendo todavía alcalde o señor Pose Miñones, estableceuse no Consello de Administración de Radio Arteixo un mecanismo de participación política de tódolos grupos presentes na corporación polo que se lles asignaba un tempo de 20 minutos semanais para falar dos temas de actualidade do noso Concello, anteriormente xa estaba contemplada a participación destes grupos aínda que ese tempo era de 30 minutos mensuais para tódolos grupos políticos de dita corporación.

            No mes de Abril deste ano, o Consello de Administración de Radio Arteixo toma a decisión de suspender os espazos poíticos durante a Campaña Electoral, sendo contemplado literalmente na acta de dito Consello do seguinte xeito: “Acorda: 1.- Suprimir, entre o 5 de Maio (comezo da campaña electoral ) e ata a composición da nova corporación, os programas de intervención semanal dos grupos políticos municipal

            Dende fai xa bastantes datas a nova corporación está constituida e sospeitosamente seguimos sen poder escoltar aos nosos representantes na radio municipal. Por outro lado a chegada dunha orde de incoación de expediente sancionador dictada pola Sª Estado de Telecomuniciacións pola instalación e funcionamento dun radioenlace para o transporte de programas de radio difusión sen autorización administrativa, e por parte do goberno local acóllese sen que semelle que busque os mecanismos posibles de solución deste problema, máis que o simple apagado de dito transmisor.

            Para aqueles que cremos na democracia e no establecemento de tódolos cauces posibles de participación cidadá e dos grupos políticos na vida do Concello, consideramos imprescindible contar cunha radio municipal, que dé participación a tódolos grupos polítcos e a tódolos cidadáns de Arteixo. Dende a chegada do novo goberno local do señor Calvelo, a Radio Municipal segue sen reanudar os seus espazos semanais de participación dos grupos municipais e todo semella que esta inactividade agrada os nosos dirixentes do Partido Popular que non convocan o Consello de Radio Arteixo, nin dan orden de voltar a dita programación, polo que semella que teñen medo do debate político e de ter unha radio que ceda a palabra aos veciños e aos seus representantes.

            Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,


            ACORDO:


·                    Reanudar os programas de intervención semanal dos grupos polítcos presentes na corporación municipal de Arteixo nas mesmas condicións que en datas anteriores á Campaña Electoral deste ano.

·                    Convocar urxentemente o Consello de Radio Arteixo para debater sobre estas cuestións e sobre a problemática da falla de emisión dende o repetidor sancionado.


En Arteixo, a 23 de Setembro de 2011