O Goberno De Arteixo Ordea Aos Servizos Xurídicos Interpor A Demanda De Desaloxo Da Parcela Do Centro De Saúade De Vilarrodís
Tras longos meses de negociacións, o Goberno de Arteixo ordenaba hai uns días aos seus servizos xurídicos a interposición dunha demanda de desaloxo dos residentes na parcela aínda habitada situada na UA-43, a unidade de actuación destinada a albergar o Centro de Saúde de Vilarrodís.
A Alcaldesa de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, lamentaba nas súas declaracións ter chegado até a este punto “pero evidentemente o que o Goberno de Arteixo non pode permitir e que o pobo enteiro se quede sen un centro de saúde”.
A UA-43 é unha unidade de actuación que inclúe unha parcela, cedida ao Concello de Arteixo tal e como esixe a reparcelación, segundo reza o documento asinado ante notario, “libre de cargas e gravámenes”. Sen embargo, a realidade resultou ser diferente. No momento de comezar os estudios que darán lugar ao novo Centro de Saúde, o actual Goberno de Arteixo atopouse coa existencia dunha casa habitada en medio da citada parcela.
Pese a que legalmente os residentes non tiñan dereito algún sobre o terreo, o Goberno de Arteixo comezou entón unha longa negociación cos inquilinos da vivenda, tratando de atopar unha solución que non pasase polo desaloxo, “pero ante a negativa dos mesmos para asumir calquera outra opción que non sexa ficar nesa casa, vémonos na obriga de solicitar aos nosos servizos xurídicos que comecen o proceso legal de desaloxo”, apuntaba esta mañá a rexedora arteixá.