Socialistas de Arteixo

View Original

Reunión do Concello cos veciños afectados polas expropiacións dos viais do Porto Exterior

O CONCELLO DE ARTEIXO CONVOCA UNHA REUNIÓN CON MOTIVO DAS EXPROPIACIÓNS DOS VIAIS DE ACCESO AO PORTO EXTERIOR

O vindeiro mércores 3 de xaneiro, a Alcaldía do Concello e Arteixo convoca unha xuntanza á que se convida a todos os veciños e veciñas afectados polas expropiacións dos viais do Porto Exterior de Punta Langosteira, a fin de resolver as posibles dúbidas que xurdan ao respecto.


A xuntanza terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Arteixo, ás 20:30 horas, e estará presidida pola Alcaldesa, Pilar Souto Iglesias, e o Concelleiro de Urbanismo, Jose Luis Rama, ao mesmo tempo que contará coa presenza dun técnico municipal que poida resolver as dúbidas más concretas.