Socialistas de Arteixo

View Original

O Concello de Arteixo manterá o Comedor Social a pesar da falta de subvencións da Xunta de Galicia

Os 85 arteixáns que disfrutan do comedor asistido poden ficar tranquilos: no ano 2010 o Goberno de Arteixo manterá o servizo en exactas condicións e frecuencia. E todo isto, a pesar da ausencia completa de subvencións por parte da Xunta de Galicia, que até o de agora sufragaba boa parte dos gastos desta atención aos dependentes.



A Alcaldesa de Arteixo, Dna. Pilar Souto Igleisas, e a Concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Dna. Lourdes Loureiro Naya, convocaban esta mañá unha rolda de prensa para expoñer este punto, e expresar o seu malestar ante a postura da Xunta de Galicia. “Queremos que esta rolda de prensa sirva para denunciar o que consideramos unha tendencia nas actuacións que a Xunta de Galicia está levando a cabo en materia de Servizos Sociais”.

Até o de agora, Arteixo contaba cun servizo de comedor asistido sufragado parcialmente coas subvencións autonómicas. Este servizo, que asiste a 85 arteixáns na actualidade, conta con duas vertentes. Por un lado, o comedor social do centro de maiores, onde preto de 20 persoas acuden diariamente a comer un menú elaborado de forma san e diaria, e onde ademáis aproveitan para departir e manter os lazos afectivos entre eles, evitando así o illamento e a soidade. Por outra banda, o Concello de Arteixo conta tamén cun comedor sobre rodas, que leva o xantar diario aos dependentes que así o precisan, garantindo así unha correcta nutrición, ao tempo que se cuida e vela polo seu benestar mediante estas visitas diarias.

Pero o pasado ano a Xunta de Galicia, concretamente Benestar Social, remitíu ao Concello de Arteixo un novo convenio, no que se contemplaban cambios moi específicos, e que son, en palabras da propia Concelleira “intolerables”.

A Xunta propuña un só reparto de bandexas de comida, de xeito semanal. Os dependentes recibirían o menú de toda a semana o mesmo día, almacenaríano nas súas neveiras, e quentaría a bandexa diaria pola súa conta.

“O custo deste convenio é evidentemente menor, tanto para o Concello como para a Xunta, co que se reducen costos, pero este Goberno considera que hai cousas que están por riba do aforro de custes, e as persoas dependentes son, dende logo, un dos exemplos”.

Ante a oferta da Xunta, o Goberno Arteixán amósase firme: “Este Goberno, e eu mesma como Alcaldesa, considera que este convenio e inadmisible. Obrígannos a escoller, e escollemos: este goberno manterá o servizo de comedor social tal e como existe na actualidade, asumindo o 100% do custo do mesmo”. Unha cifra que rolda os 40.000€.

Tanto a Alcaldesa como a Concelleira de Servizos Sociais aproveitaban as súas intervencións para insistir na “deshumanización” que o cambio proposto pola Xunta suporía nun servizo que debe ser “máis humano que calquera outro”, e chamaban aos dirixentes autonómicos a “reflexioar e rectificar” na súa proposta.