Socialistas de Arteixo

View Original

Feira Histórica Arteixo 1900



Como nunha romaría tradicional, con cuncas de viño e doces típicos incluídos, así presentaban está mañá Pilar Souto Iglesias, Alcaldesa de Arteixo, e o Concelleiro de Cultura, Andrés Gayoso, a X Feira Histórica 1900 de Arteixo, que abrirá as súas portas o vindeiro venres 16 e manterá as súas actividades até ben entrada a tarde do domingo 18.

No seu décimo aniversario a temática escollida para a Feira Histórica de 1900 son as festas e romarías tradicionais, que, tal e como apuntaba a propia alcaldesa, abundan no propio Concello de Arteixo.

Dende o venres ás 20:30 horas, até ben entrada a tarde do domingo 18, as rúas de Arteixo encheranse de pasarrúas, música, teatro, xogos populares e bo xantar, para que todos, oriúndos e visitantes, poidas disfrutar da maxia e o entretemento das romarías tradicionais galegas de 1900.

Como cada ano, a Cea Baile, que este ano recupera a súa ubicación no Campo da Festa, será o prato forte dunha festa que contará cun convidado de honra: o propio Manuel Murguía, Arteixán ilustre, que paseará polas rúas do municipio. As persoas interesadas en adquirir as entradas para a Cea - Baile 1900 (15,00 €) que se celebrará o vindeiro sábado 17 de outubro de 2009 ás 22:00 h., poden dirixirse aos conserxes do Centro Cívico Cultural de Arteixo a partir de hoxe.

Se queredes ver o Programa de Actos e Festas, pinchade eiquí